Tempo de magosto!

Tempo de magosto!

O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións. Encántanos o magosto porque é unha celebración popular no monte, que é o escenario favorito para as nosas aventuras, e ademais facemos lume, sempre con seguridade, que é tamén algo moi característico da vida de exploradoras/es que tanto nos agrada recrear. Nesta ocasión o Alto do Cumial, cunha magnífica vista da cidade, foi o lugar escollido para este enxebre celebración. vistas Ourense dende O Cumial Para facer lume normalmente tomamos moitas precaucións para evitar que escape e produza un incendio, mais nesta ocasión aconteceu todo o contrario e tivemos que gastar moito tempo e moitísimos esforzos para arrancar o lume pois toda a leña que puidemos apañar esta moi húmida polas intensas chuvias dos días precedentes. Pero como o scout e responsable e non deixa nada a medias, aplicamos a tenacidade ata conseguir arrancar un lume que nos deu para facer nas escasas brasas que conseguimos uns suculentos chourizos que souberon a gloria. magosto no cumialHoubo tempo tamén para a diversión con xogos e unha intensa e moi disputada Quiniela Tola, organizada por Helena, que a través de moi absurdas e divertidas probas puxo a proba o enxeño e a capacidade de traballo en grupo dos nosos scouts.
Youth development hours
6
Location

Share via

Share